inFAMOUS 2 estará precedido por unha miniserie de comics

luns, 27 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Dende o estudo Sucker Punch están a esforzarse en conseguir que inFAMOUS 2 sexa un grande xogo digno da súa primeira entrega, de xeito que non só reaccionan ás críticas dos seus seareiros (recuperando o deseño orixinal do seu protagonista tras amosar un innecesario lavado de cara) e anunciando unha serie de comics inspirada na saga e que será editada por DC Comics.
O cómic narrará novos capítulos de inFAMOUS escritos por William Harris e debuxados por Eric Nguyen, enchendo así o espazo entre o xogo orixinal e a súa secuela, o que resulta especialmente axeitado, pois a primeira entrega contaba cunha clara inspiración no mundo dos comics, de xeito que así pechan un círculo a través de 6 exemplares con portadas de Doug Mahnkel (ilustrador de Green Lantern) que comezarán a chegar ás tendas norteamericanas o 9 de marzo de 2011.
Para continuar a crear expectación sobre este xogo sobre o que saberemos máis durante o ano que vén, veñen de publicar un par de imaxes que dan unha idea da súa espectacularidade gráfica.

Graficamente inFAMOUS 2 aposta pola espectacularidade
Imaxe de Doug Mahnkel que ilustra a portada do primeiro cómic da miniserie de inFAMOUS

PUBLICIDADE