iShower, un altofalante Bluetooth resistente á auga
xoves, 2 de agosto do 2012- O iShower facilita a reprodución musical sen fÃos na ducha
Para
facilitar a reprodución musical en contornos onde a auga sexa un problema chega
iShower, un altofalante resistente á auga
que pode comunicarse con smartphones
e tablets a través de Bluetooth (ata unha distancia de 200 metros), integrando
tamén botóns de control (anterior, seguinte, reproducir, pausa e volume), o que
nos permitirá escoitar a nosa música favorita na ducha (de aà o seu nome). Xa
está á venda por 99,99
dólares (88,19 euros) e conta con varias opcións de montaxe, resultando
doada a súa instalación na parede ou a súa disposición en vertical sobre unha
superficie plana.
O iShower pode emparellarse con ata 5 dispositivos, é compacto e portátil
(funciona con 3 pilas AA que achegan unha autonomÃa de 15 horas) e integra un
reloxo dixital. As súas prestacións son moi atinadas para o seu uso tanto nos
cuartos de baño como en piscinas ou en praias, non tendo que preocuparse da
auga e podendo gardar nun lugar seguro o dispositivo dende o que se achegan os
contidos sonoros, que poden ser dende os trebellos móbiles de Apple (iPhone,
iPod Touch ou iPad) ata os numerosos terminais con Android que hai no mercado.
- O altofalante pode usarse en mobilidade dado que funciona con 3 pilas AA
VÃdeo no que se anuncia a posta á venda do altofalante iShower