iFotoAlbum.net, o primeiro fotoblog 2.0 desenvolvido en Galicia

luns, 6 de abril do 2009 Raquel Noya

Co principal obxectivo de ofrecer un servizo de fotoblogging “coa maior calidade e facilidade de uso posibles”, o equipo de desenvolvedores de IgaSoft creou, alá polo ano 2005, a aplicación web iFotoAlbum.net, un proxecto que non se volvera a remodelar ata agora, que coa chegada da web 2.0 os usuarios reclaman mais e mellores aplicacións.
Trátase do primeiro fotoblog 2.0 desenvolvido en Galicia coas últimas tecnoloxías, que vén de ser reforzado “aunando o espírito dos fotoblogs tradicionais” e achegando as innovacións “máis punteiras” das redes sociais da web para permitirlle aos seus usuarios a maior interactividade entre eles.
iFotoAlbum.net permite agora, que os seus usuarios e usuarias poidan disfrutar da súa propia galería fotográfica, onde adxuntar textos, vídeos e incluo audio para completar cada unha das entradas que queiran compartir cos seus “amigos” na Rede.
Con esta actualización constante, o equipo desta ferramenta busca a comodidade do usuario final e trata de ofrecerlle todo o que lle ofrecen os demais fotoblogs de orixe nacional e internacional.

Aínda que este servizo goce de certa popularidade en Vigo, os seus usuarios veñen tanto do resto de España coma de América Latina

PUBLICIDADE