iBike Dash facilita o rexistro dos nosos adestramentos en bicicleta no iPhone
mércores, 23 de febreiro do 2011
Os dispositivos de
Apple teñen unha curiosa boa relación co mundo do deporte (como a tecnoloxÃa Nike+ que permite
rexistrar as nosas carreiras con distintos iPod e iPhone) que agora trasládase
ao mundo da bicicleta co iBike Dash,
unha especie de funda para o iPhone que pode colocarse sobre o guiador e que
tamén inclúe un sensor de velocidade de bicicleta, o que combinado cunha aplicación para o
iPhone e iPod Touch que permite o rexistro de información como a
velocidade, a potencia, o ritmo cardÃaco, a velocidade do vento, o tempo, a
ruta, a altitude e as calorÃas consumidas polo ciclista, ou sexa, un monitor
ideal para os adestramentos sobre dúas rodas.
O iBike Dash pode adquirise no seu modelo básico por 199,95
dólares, sendo posible adquirir tamén por
329 dólares unha versión avanzada que inclúe os sensores que facilitan o
rexistro da cadencia, o ritmo cardÃaco e as calorÃas, asà coma unha baterÃa
recargable cun cargador.
- Grazas ao GPS do iPhone poden seguirse as rutas en bicicleta coa axuda do iBike Dash