Chrono Trigger decepciona na súa versión para PC
mércores, 28 de febreiro do 2018
Sen
dúbida Chrono Trigger é un dos xogos
de rol xaponés máis importantes da historia, como demostrou o feito de que tras
a súa estrea en Super Nintendo saltase a outras plataformas (como a primeira PlayStation)
e iniciase toda unha saga, pero o seu lanzamento para
PC a través de Steam hai unhas horas foi unha sorpresa maiúscula, tanto
polo inesperado como polo decepcionante da conversión, xa que en vez de adaptar
o xogo de consola optouse
por coller como base a súa versión para móbil de 2011, de xeito que pode
verse incluso tal interface de uso e mensaxes de texto nos que piden que non se
apague o teléfono, para bochorno dos seareiros deste tÃtulo que o mercaron
impulsivamente.
A reacción negativa ante este lanzamento non se fixo esperar, pois os seareiros
de Chrono Trigger teñen gozado do
xogo orixinal no seu ordenador a través de emuladores, conseguindo unha
experiencia moito máis fiel á orixinal, aÃnda que na defensa desta conversión
temos que inclúe contido adicional que se incorporara ao xogo na súa edición
para Nintendo DS en 2008 e tamén conta con textos en español.
Chrono Trigger é un xogo moi amado, en
boa media por ser obra de todo un dream
team formado por YuJi Horii (creador de Dragon
Quest), Akira Toriyama (creador de As
Bolas Máxicas) e Hironoku Sakagunhi (un dos creadores de Final Fantasy), de xeito que pode
considerarse como a esencia dos xogos de rol xaponés.
A edición que está agora dispoñible en Steam está considerada como limitada xa
que até o 2 de abril incluirá contidos adicional como un popurrà de Chrono Trigger creado a partires de 5
cancións (Far Off Promise, Wind Scene,
Battle with Magus, Corridors of Time e Chrono
Trigger), as notas do disco do compositor Yasunori Mitsuda en formato dixital
e unha colección de 6 fondos de pantalla en varios tamaños.
Tráiler de Chrono Trigger para PC