bq lanza 3 novos tablets económicos con pantalla de 7 polgadas

venres, 28 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O fabricante español de lectores de libros electrónicos e tablets, bq, estrea unha liña destes últimos dispositivos, que baixo a marca Maxwell chegan con pantallas de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, Android 4.0, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, mini USB 2.0, HDMI, cámara frontal VGA, batería de 4.100 mAH, unhas dimensións de 195 x 122 x 11 milímetros e un peso de 360 gramos.
O pequeno da familia é o bq Maxwell Lite, que cun prezo de só 99,99 euros achega un procesador Cortex A9 a 1 GHz; o bq Maxwell mellora ao anterior ao incorporar un panel IPS cun ángulo de visión de 178 graos á súa pantalla e ten un prezo de 119,99 euros; e o bq Maxwell Plus dá un paso adiante no seu procesador, optando por un Cortex A9 de dobre núcleo a 1,6 GHz, o que incrementa o seu prezo ata 139,99 euros. Os 2 primeiros modelos xa están á venda, e o último chegará ao mercado o 4 de outubro.

PUBLICIDADE