Zotac quere meter a realidade virtual na mochila
luns, 25 de abril do 2016
Moitos confÃan en que os xogos en realidade virtual sexan a
vindeira revolución, pero no seu estado actual teñen moitos atrancos para
trunfar, como o feito de depender dun ordenador de sobremesa ancorado a un
escritorio, o que supón todo un lastre para certas actividades baseadas no
movemento, o que o fabricante de mini-ordenadores Zotac considerou que podÃa
solucionar, polo que, sen afondar en detalles técnicos, anuncia que está a preparar
unha solución de realidade virtual móbil grazas aos seus pequenos equipos
Zotac Zbox, que poderÃan cargarse coa súa correspondente baterÃa nunha mochila,
de xeito que o usuario poderÃa moverse ao seu redor sen enredarse cos cables
como acontece actualmente, por exemplo, coas configuracións de HTC Vive.
Pese a que aÃnda non coñecemos os detalles da Zotac Mobile VR, é previsible que
sexa un produto baseado no Magnus EN980, un
mini ordenador da familia Zbox que conta cun procesador Intel de sexta xeración
con gráfica nVIDIA GeForce GTX 980, de xeito que serÃa o primeiro equipo deste
tipo capaz de correr realidade virtual (aÃnda que polo momento só puido verse
nalgunhas feiras e non se atopa á venda), demostrando que a potencia necesaria
para mover mundos virtuais tamén será posible en equipos de reducidas
dimensións.
VÃdeo promocional da solución de realidade virtual de Zotac