Zara aposta polo live shopping
martes, 24 de setembro do 2024
Este mércores ás 21:00 o grupo Inditex vai facer historia ao realizar o primeiro Zara Streaming, unha retransmisión de vÃdeo (dende a web e na aplicación móbil de Zara) na que presentarán unha colección especial de prendas seleccionadas pola estilista Carlyne Cerf de Dudzeele, que os espectadores poderán adquirir en tempo real, e que contará como anfitrioas a dúas iconas da moda internacional, a supermodelo Cindy Crawford e a súa filla Kaia Gerber, dirixidas por cineasta David Lowery (responsable de El Caballero Verde e director dun dos episodios da inminente serie Star Wars: Tripulación Perdida).
As vendas a través de emisións en directo son bastante populares nos mercados asiáticos (onde conseguiron coller a remuda da tradicional teletenda), resultándolles difÃcil a súa implantación en occidente, o que Zara Streaming tentará non só en España, senón tamén en Francia, Reino Unido, Italia, Irlanda, PaÃses Baixos, Alemaña, Canadá e Estados Unidos.