ZTE presenta un smartphone con formato de cuncha

xoves, 3 de novembro do 2016 Marcus Fernández

Pensando nun público de certa idade, que presenta certa resistencia a adoptar un smartphone que empregue unicamente unha pantalla táctil como método de entrada, hai fabricantes que comercializan smartphones con formato de cuncha (como o LG Wine Smart), que pese a contar cunhas prestacións bastante limitadas, teñen uns prezos bastante elevados (preto de 200 euros) o que parece que vai mudar ZTE, que anunciou para EE.UU. o seu novo Cymbal-T, un smartphone con tapa con Android 5.1 que combina unha pantalla táctil de 3,5 polgadas cun teclado telefónica tradicional, e que sae á venda por 99,95 dólares, ou sexa, que poderiamos velo pronto nas tendas españolas a un prezo de preto da metade que o dispositivos deste tipo actuais.
O novo teléfono conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 210 de catro núcleos a 1,1 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 32 GB), Bluetooth 4.0, LTE, Wi-Fi N, cámaras de 5 e 2 Mpíxeles e GPS, que probablemente pase a ser o grande referente para un perfil de usuario que quere un teléfono sinxelo, pero sen prescindir de servizos como WhatsApp ou Facebook.

PUBLICIDADE