ZTE fai máis asumibles os móbiles con Windows Phone 7.5

luns, 31 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Tras o anuncio dos móbiles Nokia Lumia 800 e 710 e do Acer Allegro parece evidente que un dos grandes factores para un potencial éxito de Windows Phone 7.5 Mango vai ser o seu prezo axustado, e nesa mesma liña temos agora o ZTE Tania, un terminal de fabricación chinesa que con pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno, cámara de 5 Mpíxeles e un grosor de 10,5 milímetros vai comercializarse por só 2.000 iuans (227,5 euros), o que fai cada vez máis asumible o sistema operativo móbil de Microsoft.
Coñecendo os precedentes de ZTE non sería de sorprender que o novo terminal chegase ao mercado europeo baixo a marca dalgún operador móbil, o que podería supor unha boa distribución do mesmo, así como un prezo moi competitivo.

PUBLICIDADE