ZTE fabricará o primeiro smartphone con nVIDIA Tegra 4

xoves, 22 de agosto do 2013 Marcus Fernández

A primeiros de ano nVIDIA presentou durante o CES de Las Vegas os seus potentes procesadores nVIDIA Tegra 4, que destacan por contar cun procesador gráfico de 72 núcleos que facilitan mellorar considerablemente o nivel gráfico dos dispositivos móbiles á vez que reduce o seu consumo (ata un 45% con respecto á anterior xeración de procesadores do mesmo fabricante) e a súa estrea no mercado nun smartphone sorprende por non chegar da man de Samsung, LG ou HTC, senón por parte de ZTE, fabricante chinés que no seu smartphone U988S incluirá esta tecnoloxía.
O ZTE U988S funcionará cun procesador nVIDIA Tegra 4 a 1,8 GHz, 2 Gb de RAM, pantalla Full HD de 5 polgadas, cámara traseira de 13 Mpíxeles e Android 4.2.1 que sairá en breve á venda por só 1.999 iuans (244,53 euros), polo que podería converterse nunha interesante alternativa aos móbiles de grande tamaño doutras compañías.

PUBLICIDADE