ZTE confirma o seu tablet con Windows 8
luns, 1 de outubro do 2012
O dÃa 26 estrearase oficialmente o Windows 8, o que fará que
unha enorme cantidade de novos equipos cheguen ao mercado co noso sistema
operativo de Microsoft, entre os que haberá moitas gamas, incluso para os
trebellos que operen coa versión profesional de Windows 8, e como exemplo temos
o
tablet ZTE V98, que xa aparece na páxina web do seu fabricante, e que opta
por un procesador Atom Z2760 de dobre núcleo a 1,8 GHz, 2 Gb de RAM, 64 Gb de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb) e
pantalla TFT de 10 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, que ben
poderiamos confundir cun ultraportátil de baixo custo se non fose porque a súa
pantalla é táctil e o seu grosor queda nos 8,9 milÃmetros.
Este equipo ofrecerase con Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, GPS, conectividade móbil,
cámaras de 8 e 2 MpÃxeles (con gravación de vÃdeo a FullHD), baterÃa de 7.000
mAh e incluso coa opción de adquirilo con NFC. En vista destas especificacións
podemos prever que a oferta de tablets con Windows 8 vai ter un abano de prezos
moi amplo.