ZOTAC ZBOX, novo mini-ordenador con Blu-ray
xoves, 9 de setembro do 2010
ZOTAC
International, fabricante de tarxetas gráficas, placas base e mini-ordenadores,
anuncia a nova liña de ordenadores
de tamaño reducido ZOTAC ZBOX Blu-ray, o que aseguran que son os primeiros
equipos deste tipo en integrar unha unidade de Blu-ray de carga slot-in, de xeito que toma un deseño moi
delgado e estilizado.
Estes equipos funcionan con procesadores Intel Atom D525 a 1,8 GHz, con 2 Gb de
memoria DDR2, disco duro SATA de 2,5 polgadas de 250 Gb, gráfica nVIDIA Ion,
saÃda HDMI, Wi-Fi N, Gigabit Ethernet, lector de tarxetas 6-en-1, 2 conectores USB 2.0 e outros 2 USB 3.0.
Amais, tamén ten capacidade de ampliación interna a través dunha fenda mini-PCI
Express.
Temos asà unha interesante solución para un ordenador destinado á reprodución
multimedia no salón ou para escritorios nos que queremos ocupar pouco espazo,
aÃnda que polo momento non sabemos nin a data nin o prezo que terá.
- O ZOTAC ZBOX Blu-ray non lle faltan saÃdas de vÃdeo DVI e HDMI