Yoigo trae a España o Huawei Ascend G510

xoves, 21 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Resulta evidente que Huawei vai ser un dos fabricantes de móbiles máis relevantes do presente ano, e como mostra dixo temos a chegada ao catálogo de Yoigo do Huawei Ascend G510, que por 149 euros (que poden pagarse en prazos de 5 euros durante 24 meses) ofrece un completo terminal cun procesador Qualcomm MSM8225 de dobre núcleo a 1,2 GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb e unha xenerosa pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de 854 x 480 píxeles.
Para completar o Huawei Ascend G510 montaron sobre o mesmo o sistema operativo Android 4.1 con Emotion UI 1.0 e incorpora outra funcionalidade propia de Huawei (arranque en só 5 segundos), polo que estamos ante un móbil de gama media a un prezo semellante aos móbiles con Android de gama baixa. Conta con cámaras de 5 e 0,3 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, GPS, batería de 1.750 mAh, un grosor de 9,9 milímetros e un peso de 150 gramos.

PUBLICIDADE