Xoieiro con lector de pegadas dixitais
mércores, 24 de decembro do 2008Os
cofres para gardar xoias xa non só un elemento decorativo, senón que poden ser
auténticos dispositivos de seguridade electrónica avanzada, coma o BioMirage
Coffer, que incorpora un lector de pegadas dixitais o que fai
que só poidan acceder ao seu interior as persoas autorizadas (ata 5), sen ter
que memorizar contrasinais complicados nin utilizar unha chave fÃsica.
Ante un posible fallo de efectividade do lector de pegadas (ou calquera outra
incidencia) o cofre inclúe unha chave USB de seguridade. Este dispositivo mide
30 x 22,5 x 10,5 centÃmetros, pesa 2,5 quilogramos e se
vende a 579 dólares (uns 411 euros) polo que tampouco estamos a
falar dun accesorio para todos os públicos.