Xiaomi recupera o Redmi Note 8

martes, 25 de maio do 2021 Marcus Fernández

Hai preto dun par de anos Xiaomi presentou o seu Redmi Note 8, móbil que colleitou grandes vendas e que actualmente está descatalogado (xa que ocuparon o seu lugar os Redmi Note 9 e 10, coas súas numerosas variantes), de aí que sexa toda unha sorpresa o anuncio de que en 2021 vaiamos ter novos Redmi Note 8, con 4 GB de RAM e 64 ou 128 GB de almacenamento interno a un prezo recomendado de 169 e 189 dólares respectivamente (o prezo español aínda non se comunicou).
O Redmi Note 8 (2021) é un smartphone cun procesador MediaTek Helio G85, pantalla Full HD+ de 6,3 polgadas, cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 48 Mpíxeles e cámara frontal de 13 Mpíxeles e batería de 4.000 mAh con carga rápida de 18 watts, ou sexa, que basicamente estamos ante unha versión do Redmi Note 8 orixinal ao que mudáronlle o procesador por outro moi semellante, pero doutro fabricante (o modelo orixinal funcionaba cun Qualcomm Snapdragon 665).

PUBLICIDADE