Xiaomi presenta unha ola de arroz que pode controlarse co móbil

martes, 29 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Aínda que coñezamos a Xiaomi como un fabricante chinés de smartphones e tabletas, o certo é que a compañía ten numerosos produtos de electrónica de consumo que van dende dispositivos moi tecnolóxicos (routers, baterías externas, altofalantes, auriculares...) a trebellos máis mundanos (mochilas, roupa, patíns eléctricos, lámpadas...) aos que agora incorpórase un cocedor de arroz conectado, que destaca por poder controlarse dende o móbil, facilitando así axustes sobre os modos de cociñado (en función do tipo de arroz empregado) e incluso a programación para poder ter o arroz listo no momento de erguerse ou cando se chega a casa do traballo.
O novo cocedor de arroz de Xiaomi chegará ao mercado a semana que vén a un prezo de 999 iuans (137 euros) confiándose en que sexa un auténtico éxito de vendas no seu mercado, pese a que o seu prezo é moi superior ao que custaría unha sinxela ola a presión para facer arroz.

A ola de arroz de Xiaomi pode programarse co móbil
Este novo pequeno electrodoméstico para a cociña sae á venda o vindeiro 6 de abril a un prezo de 999 iuans (137 euros).

PUBLICIDADE