Xiaomi presenta unha cámara deportiva
luns, 2 de marzo do 2015
A cámara
deportiva GoPro Hero básica conta de grande popularidade por ser
practicamente un estándar e limitar o seu prezo aos 139,99 euros, pero agora
vai ter que facer fronte a un competidor a ter en conta, o fabricante chinés
Xiaomi, que vén de estrear a Yi Camera,
que sobre o papel incluso superarÃa en especificacións á cámara de GoPro á vez
que manterÃa o seu prezo en só 399 iuans (56,87 euros).
Esta nova cámara deportiva mide só 60,4 x 42 x 21,2 milÃmetros, pesa 72 gramos,
integra un sensor Sony Exmor R de 16 MpÃxeles retroiluminado, capaz de gravar
vÃdeo FullHD até a 60 cadros por segundo, rexistrar 120 fotogramas por segundo
a 720p e chegar incluso até os 240 cadros por segundo a 480p, dispara
fotografÃas de 16 MpÃxeles, emprega como almacenamento tarxetas microSD de até
64 GB, pode comunicarse sen fÃos por Wi-Fi ou Bluetooth 4.0 e contará con
numerosos accesorios como carcasas somerxibles até 40 metros, soporte para
casco e incluso arnés para mascotas.
- Entre os accesorios para a Yi Camera destaca un arnés para gatos