Xiaomi presenta un sistema de carga sen fÃos a 30 watts
luns, 9 de setembro do 2019
A autonomÃa dos dispositivos móbiles foi sempre un factor
chave, que os fabricantes atenden dende dous ángulos diferentes: a capacidade
das baterÃas e a velocidade de carga. Loxicamente ambos factores deben harmonizar,
xa que a maior capacidade dunha baterÃa máis importante é unha maior velocidade
de carga para non eternizar tal proceso, aÃnda que tamén hai moitos fabricantes
que apostan directamente por axilizar a carga, xa que asà a recarga dos
dispositivos é pouco molesta e non importa tanto unha grande autonomÃa
(permitindo asà dispositivos máis finos).
Pero a carreira pola velocidade de carga (actualmente liderada por Samsung, co
seu cargador de 45 watts para o Galaxy Note10+) producÃase normalmente no
ámbito da carga a través de USB-C, mentres que na carga sen fÃos só uns poucos
fabricantes atrévense con cargadores de 10 ou 15 watts e, de feito, Samsung era
até o momento o grande referente, pero está a chegarlle un inesperado contendente:
Xiaomi.
O fabricante chinés presentou hoxe a súa tecnoloxÃa Mi Charge Turbo que permite
carga sen fÃos até a 30 watts, que estreará o Mi 9 Pro 5G, smartphone que
tamén contará con carga reversible para asà poder subministrar corrente a outros
accesorios (tanto sen fÃos como a través de cable).
Para realizar estas cargas rápidas sen fÃos Xiaomi comercializará unha base de
carga de 30 watts que integra ventilador e que é capaz de cargar até o 50% un
smartphone con baterÃa de 4.000 mAh en 25 minutos, mentres que para completar a
carga terÃa que esperar 69 minutos.
Xiaomi tamén comercializará unha base de carga sen fÃos de 20 watss que
realizará un seguimento intelixente do procedemento de carga, sendo capaz de
informar do estado da carga e do tempo que queda para completar a carga.
A compañÃa chinesa tamén adiantou que está a traballar en tecnoloxÃa de carga
sen fÃos a 40 watts.