Xiaomi presenta un novo smartphone con pantalla de 6,44 polgadas

martes, 10 de maio do 2016 Marcus Fernández

Cando parecía que os smartphones de fabricación chinesa tiña normalizado o seu tamaño nas 5,5 polgadas, e apuntaban a nova xeración de terminais nun tamaño máis contido (os últimos terminais de referencia teñen pantallas de 5,2 polgadas), chega Xiaomi e presenta un novo terminal para os que aínda queren un dispositivo máis semellante a unha tableta, o Mi Max, que presume dunha xigante pantalla de 6,44 polgadas acompañada por unha batería de 4.850 mAh que debería unha autonomía impresionante.
Pero a pantalla IPS Full HD de 6,44 polgadas non chega como único reclamo, senón que o móbil ven cunhas especificacións moi completas e distintas configuracións.
Teremos así un modelo con 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno y procesador Qualcomm Snapdragon 650 (6 núcleos) a un prezo de 1499 iuans (202 euros), outro con 3 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno e procesador Snapdragon 650 a 1.699 iuans (229 euros) e unha completísima versión con 4 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno con procesador Snapdragon 652 (8 núcleos) a 1.999 iuans (269 euros), e con carcasas en cor prata, ouro e gris escuro (na liña habitual de Xiaomi), que poderanse adquirir a partires do 17 de maio. Dado que a capacidade de almacenamento interno pode ampliarse mediante tarxetas microSD, dá a impresión de que Xiaomi quere que nos centremos na RAM á hora de elixir entre os distintos modelos, que en calquera caso irán sobrados de potencia.
O Mi Max funciona con Android 6.0.1 coa nova capa de personalización de Xiaomi (MIUI 8), ten conectividade LTE, cámara traseira de 16 Mpíxeles con flash LED dual e apertura f/2.0, cámara frontal de 5 Mpíxeles con apertura f/2.0 e grande angular, lector de pegadas dixitais na súa parte traseira, carga rápida, dobre SIM, un grosor de 7,5 milímetros e un peso de 203 gramos.
Este smartphone enténdese que vai dirixido a persoas que non leven habitualmente o móbil no peto do pantalón e, precisamente por iso, parece que teñen posto o seu punto de mira no público feminino, aínda que en vista do feito de que nos smartphones as chamadas de voz teñan cada vez menos importancia pode ter sentido para certos perfís de uso a existencia de terminais de tamaño tan esaxerados.

O Mi Max presume da capacidade da súa batería, moi superior ao do resto de smartphones de grande tamaño que hai no mercado
Parece que co Mi Max dende Xiaomi queren atraer ao público feminino

PUBLICIDADE