Xiaomi prepara a súa alternativa ao AirTag de Apple
xoves, 12 de febreiro do 2026
Hai menos dun mes da renovación do AirTag, o dispositivo localizador de Apple que facilita a localización de maletas, chaves e outros elementos onde queiramos penduralo, pero a este accesorio vai saÃrlle unha competencia moi dura, xa que Xiaomi deixou ver na súa tenda francesa a súa alternativa, o Xiaomi Tag, cun prezo de 17,99 euros a unidade ou 59,99 euros o lote de catro unidades, ou sexa, xusto a metade de prezo que o produto da compañÃa da mazá.
Estamos pendentes de que este accesorio chegue oficialmente a España, pero o que xa se sabe é que é compatible coas tecnoloxÃas de busca tanto de Android como de Apple, polo que é unha alternativa moi acaÃda ao AirTag.
O Xiaomi Tag ten un grosor de 7,2 milÃmetros, funciona cunha baterÃa CR2032 que lle achega unha autonomÃa aproximada dun ano e conta con conectividade Bluetooth 5.4 e NFC.
O fabricante chinés xa comercializa produtos semellantes en China (que poden adquirirse de xeito doado dende España a un prezo ridÃculo), pero agora estamos ante un produto que vai comercializarse oficialmente no noso territorio, polo que poderÃa ter unha presenza no mercado que non se viu antes nun produto deste tipo.
