Xiaomi independiza a marca POCO
venres, 17 de xaneiro do 2020
Hai
ano e medio Xiaomi sorprendeu ao mundo comercializado o Poco F1, un
smartphone con prestacións de alta gama pero cun prezo de gama media, ideal
para os que querÃan un teléfono potente para xogar e outras tarefas esixentes,
pero non precisaban dun acadado premium ou de certas caracterÃsticas que
podÃan resultar superfluas (pero que incrementan considerablemente o prezo).
Precisamente cando
Xiaomi abriu a súa tenda oficial na Coruña, o Poco F1 era un dos motivos polos
que moitos achegábanse ao establecemento, xa que era unha das mellores
posibilidades para facerse cun terminal que tiña máis problemas de stock
no territorio español, polo que estaba moi perseguido. Que un móbil con esas
prestacións puidese
mercarse por a partires de 299 euros era moi tentador, especialmente se
temos en conta que demostrara
ter unha cámara de calidade.
ParecÃa que Xiaomi conseguira unha receita para o éxito, e non eran poucos os consumidores
que estaban a agardar polo Poco F1, que finalmente non chegou no verán para a
súa decepción, pero que finalmente poderÃa ver a luz nas vindeiras semanas, xa
que Xiaomi
vén de anunciar que a súa marca POCO vai converterse nunha compañÃa
independente, como fixo no pasado con Redmi. Deste xeito será máis doado
que a boa sona do Poco F1 poida aproveitarse para produtos futuros, que segundo
os rumores non se limitarÃan ao Poco F2, senón que xa haberÃa outros terminais
noutros rangos de prezo previstos.
A diversificación de marcas por parte de Xiaomi resulta bastante confusa para o
consumidor, xa que tende a haber solapamentos e, de feito, ao internacionalizar
os dispositivos incluso é posible que un terminal salte dunha marca a outra, de
aà que o Redmi K20 en España estea á venda como Mi 9T por considerarse que é un
dispositivo demasiado avanzado para venderse baixo unha marca de gama media.
En breve veremos se acontece o mesmo con POCO.