Xiaomi estrea solución Wi-Fi Mesh
luns, 13 de maio do 2019
A boa cobertura da rede Wi-Fi no ámbito doméstico é moi
difÃcil de conseguir coa meirande parte dos routers que os operadores de telecomunicacións
instalan nos nosos fogares, de aà que moitos usuarios opten por facerse cunha
solución Wi-Fi mesh, ou sexa, con
varios nodos que tenden unha rede de tipo malla que se comunican entre eles
para procurar achegar a mellor conexión posible aos distintos dispositivos
espallados pola casa.
As redes Wi-Fi mesh son a mellor
solución en moitos contornos, pero teñen como principal problema o seu elevado
prezo, que espérase que baixe considerablemente nos vindeiros meses grazas á
popularización desta tecnoloxÃa, e como mostra diso temos a solución Wi-Fi Mesh de Xiaomi, que ofrece o lote de 2 elementos a 999
iuans (129 euros).
Estamos ante unha solución de dobre banda, AC1300, con elementos cunhas
dimensións de 181 x 120 x 80 milÃmetros, que operan nas bandas de 2,4 GHz e 5
GHz até Wi-Fi AC, inclúen 3 portos Gigabit Ethernet e poden configurarse comodamente
dende unha aplicación móbil.
AÃnda non temos data para a chegada deste produto ao mercado español, aÃnda que
semella difÃcil que esta solución vaia venderse en Europa se temos en conta que
fabricantes como TP-Link
xa ten produtos semellantes a un prezo inferior (a
versión de 2 elementos está actualmente a 89,90 euros).
- Os elementos da Wi-Fi Mesh de Xiaomi inclúen 3 portos Gigabit Ethernet