Xiaomi comercializa un espertador que tamén fai de altofalante sen fÃos
xoves, 13 de outubro do 2016
O fabricante chinés Xiaomi continúa a comercializar produtos
que van máis aló dos smartphones, entre os que agora temos un reloxo espertador
que serve tamén de altofalante Bluetooth 4.1, polo que é unha solución bastante
axeitada ao hábitos actuais, xa que achega a música á mesa do dormitorio á vez
que axúdanos a espertar polas mañás.
O Mi Music Alarm Clock é un espertador
con forma circular cun diámetro de 107 milÃmetros e un ancho de 57 milÃmetros
que só pesa 300 gramos e funciona cunha baterÃa recargable por micro USB de
2.600 mAh de capacidade que achega unha autonomÃa de até 360 horas en espera e
8-10 horas de reprodución musical.
Sobra dicir que o grande atractivo deste accesorio para o dormitorio é o seu
prezo, xa que custa 199 iuans (26,76 euros), aÃnda que o seu deseño tamén é
bastante orixinal, xa que os números das horas actuais vense grazas á
retroiluminación, e tanto o volume da música como a hora do espertador e das
alarmas contrólanse xirando o seu grande botón superior.
- O espertador amosa a hora actual mediante retroiluminación dos seus números