Xiaomi TV S Mini: televisores ideais para os que buscan unha imaxe brillante
mércores, 30 de outubro do 2024
Xiaomi está a traer a España a súa nova xeración de televisores con tecnoloxÃa mini LED con tamaños de pantalla de 55, 65 e 75 polgadas con 308, 392 e 512 zonas de iluminación e prezos de 599, 799 e 999 euros, converténdose en todo un referente de compra para quen busca un televisor cun brillo elevado (até 1.200 nits).
Estes novos televisores LED QD-Mini con resolución 4K teñen paneis cun refresco de até 144 Hz (cun modo especial para videoxogos que eleva a frecuencia de actualización até os 240 Hz), un potente procesador Quad Cortex A73 con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento, conectividade Wi-Fi 6 e HDMI 2.1, soporte de numerosas tecnoloxÃas que garanten unha boa experiencia audiovisual (HDR10+, Dolby Atmos, Dolby Vision IQ, IMAX Enhaced, AMD FreeSync Premium e Filmmaker Mode) e a integración de Google TV de xeito que conta co meirande catálogo de aplicacións para televisores (permitindo incluso o seu control mediante a voz) e con posibilidades de transmisión de contidos dende o móbil (soporta tanto Chromecast como Miracast e Apple AirPlay).
AÃnda que Xiaomi conta cunha completa gama de televisores moi completos e máis económicos, estes produtos irÃan destinados a competir coas grandes marcas, ao ofrecer unha relación entre prestacións e prezo difÃcil de igualar, situándose estes novos televisores só por detrás dos novos modelos de grande tamaño que chegarán en breve, como son o Xiaomi TV Max 85 e o Xiaomi TV Max 100 con pantallas de 85 e 100 polgadas e prezos de 1.299 euros e 1.999 euros respectivamente, que aÃnda que teñen grandes dimensións, contan con paneis QLED, de xeito que o seu brillo non é comparable cos da liña Xiaomi TV S Mini con paneis mini LED.
- Os novos televisores de Xiaomi apostan pola tecnoloxÃa mini LED, conseguindo un brillo de até 1.200 nits