Xerais transforma en audiolibro o último éxito de Ledicia Costas
xoves, 31 de outubro do 2024
O pasado mes de xuño a Xunta de Galicia anunciou a súa colaboración con 14 proxectos editoriais a través de subvencións para favorecer a edición de audiolibros como un xeito de favorecer a dixitalización, o acceso universal á lectura e a creación literaria galega, e unha das obras incluÃdas nesta liña de axudas, Pel de cordeiro de Ledicia Costas, estarÃa xa camiño de chegar ao público en formato audiolibro a través da plataforma Rakuten Kobo.
A novela de Ledicia Costas publicada no mes de maio por Xerais, foi todo un éxito de vendas no seu lanzamento en papel, con 3.000 exemplares vendidos en tres semanas (e preto de 7.000 exemplares vendidos en seis meses, liderando as vendas de libro en galego de 2024), e agora anuncian o seu lanzamento en audiolibro, co que pretenden ampliar o publico destinatario desta obra.
A produción do audiolibro realizouse no estudio de gravación Studio XXI, coa dirección de Ana Lemos e as voces da propia Ana Lemos e de Chelo DÃaz, realizando cada unha das actrices de dobraxe unha das dúas partes nas que está dividida a novela, centrada nas personaxes de Catarina e Lola (dúas mulleres separadas por dous séculos, que narran cadansúa historia).
Estamos ante un lanzamento moi importante por parte de Xerais, que por primeira vez leva unha das súas publicacións galegas ao formato do audiolibro (moi popular na cultura anglosaxoa).
Xerais xa publicara en formato audiolibro a obra O Menhir de Ouro coas voces de Xerardo Couto, Gonzalo FaÃlde, Montse Davila, Tacho González e Antón Rubal e a tradución de Xabier SenÃn, Isabel Soto e Alejandro Tobar, a que até o momento era o único audiolibro en galego publicado en Rakuten Kobo cunha narración tan traballada (existindo tamén a publicación de 10 clásicos galegos narrados por Ramón Romero Nogueira, nos que se atopan obras como Follas novas, Catecismo do labrego ou Queixumes dos pinos).