Xbox celebra o Black Friday con grandes descontos

luns, 20 de novembro do 2023 Marcus Fernández

Co gallo do Black Friday Microsoft tamén rebaixa as súas consolas de videoxogos, de xeito que até o 27 de novembro poderase adquirir unha consola Xbox Series X a un prezo de 419 euros (10 euros máis o lote que inclúe o xogo Diablo IV) ou a só 379 euros o modelo reacondicionado certificado. No caso da Xbox Series S o prezo queda en só 229 euros (incluíndo 3 meses do Game Pass Ultimate).
Algúns dos mandos para consolas Xbox tamén están rebaixados, de xeito que un mando estándar sen fíos (dispoñible en varias cores) pode adquirirse por 44,99 euros, mentres que o mando sen fíos Xbox Elite Series 2 Core queda en 109,99 euros.
Os xogos para consolas Xbox tamén están de oferta con descontos de até o 67%, como Age of Empires IV a 26,79 euros, Halo Infinite a 23,99 euros, Minecraft Dungeons a 19,99 euros, Forza Horizon 5 a 29,99 euros, Sea of Thieves a 19,99 euros e moitos outros.