Xbox One S: a consola de Microsoft reduce tamaño e gaña prestacións

luns, 13 de xuño do 2016 Marcus Fernández

A conferencia de Microsoft durante a feira E3 comezou confirmando a filtración dos últimos días: un novo modelo de consola Xbox One que tería un tamaño máis compacto. Así temos que a nova Xbox One S é oficial, e o seu lanzamento nin sequera vai supor un prezo de lanzamento lixeiramente superior, xa que chegará verá a luz un prezo de partida de 299 euros.
O deseño da Xbox One S estréase cunha cor branca robot, cun tamaño un 40% inferior ao modelo orixinal, integra o seu transformador de corrente e incluso contará cun soporte opcional para poder colala tanto en horizontal como en vertical.
Pero as novidades non se limitarán á súa aparencia externa, senón que a nova Xbox One S tamén inclúe a posibilidade de reproducir películas en Blu-ray e vídeo en streaming (de servizos como Netflix) en ultra alta definición, soportando tamén a tecnoloxía HDR (desta volta tanto para vídeo como para xogos) polo que os que conten cun dos últimos televisores en chegar ao mercado poderán aproveitalo para consumidor contido audiovisual en 4K coa axuda da consola e tamén poderán gozar dunha mellor experiencia de xogo en títulos futuros como Gear of War 4 e Scalebound.
Para facer máis cómodo o uso da consola tamén decidiron mover un dos seus 3 portos USB á parte frontal da consola e engadiron un novo emisor de infravermellos. Cómpre salientar que boa parte da redución de tamaño da Xbox One S conseguiuse eliminando o porto para Kinect (accesorio que agora precisará dun adaptador USB no caso de querer empregarse na nova consola, e que será de balde para os usuarios que xa teñan un sensor Kinect).
O mando da Xbox One S tamén mellor en comodidade (a zona de agarre ten certa textura que permite unha mellor suxeición) e, como magnífica novidade, o novo mando mellora a súa conectividade sen fíos en fiabilidade, distancia de uso e dispoñibilidade, xa que incorpora Bluetooth, de xeito que funcionará sen problema con ordenadores con Windows 10.
Confíase en que a Xbox One S chegue ás tendas en agosto, con versións con 500 GB, 1 TB e 2 TB de almacenamento (a 299, 349 e 399 euros cada unha), contando tamén con accesorios por separado como o soporte vertical e o mando sen fíos.

Vídeo de presentación da Xbox One S

PUBLICIDADE