Xa se pode encargar a consola portátil aberta Pandora
mércores, 1 de outubro do 2008A consola de
videoxogos Pandora, que pretende ser unha alternativa aberta á PSP e á Nintendo
DS (seguindo os pasos doutras plataformas portátiles como a GP32, a GP2X ou a
Zodiac), finalmente xa
se pode encargar, de xeito que os usuarios que a reserven poderán
facerse cunha das primeiras 3.000 unidades que entraron en produción.
A nova consola portátil funciona cun procesador ARM a 600 MHz, capacidade
gráfica 3D, unha pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480
pÃxeles, Wi-Fi, lector de tarxetas SDHC, saÃda de televisión, teclado QWERTY,
porto USB e controis de xogo analóxico/dixitais. Contará cunha autonomÃa dunhas
10 horas e aÃnda que a súa comercialización parece estar retrasándose (agardábase para primeiros do
verán) finalmente se fará unha realidade e non engrosará as filas do
vaporware ao que cada dÃa estamos
máis afeitos.
Por desgraza, esta consola ten un prezo bastante prohibitivo, pois nun primeiro
momento se venderá a 249,99 euros, superando por moito ás consolas portátiles comerciais
e especialmente á popular GP2X (que na actualidade se
vende por 99,95 euros).