Xa están á venda as tarxetas microSD de 1 TB de SanDisk

xoves, 16 de maio do 2019 Marcus Fernández

En febreiro anunciouse que SanDisk tiña listas tarxetas de memoria en formato microSDXC con capacidades de 1 TB, con velocidades de lectura de até 160 MB/segundo e de escritura de até 90 MB/segundo, de xeito que serían aptas para a gravación de vídeo en alta resolución e para tomar fotografías de alta calidade sen compresión, e agora xa son unha realidade comercial, de xeito que na páxina web de SanDisk xa están dispoñibles as novas tarxetas de 1 TB a un prezo de 449,99 dólares con dispoñibilidade inmediata, mentres que en páxinas web como Amazon.es podemos ver que o seu prezo europea aínda será bastante elevado, custando 531,99 euros, deixando claro que a súa novidade inflúe moito no prezo, xa que o prezo é moi superior ao dobre do das unidades de 512 GB, que no caso das SanDisk Extreme sería de 212,99 euros, mentres que unidades doutras marcas poden atoparse a preto dos 100 euros.
En calquera caso, a dispoñibilidade de unidades microSDXC de grandes capacidades é unha moi boa nova, xa que en casos como o de cámaras de drons ou de dispositivos de vixilancia sempre é positivo minimizar as operacións de cambio de tarxetas de memoria.

PUBLICIDADE