Woxter lanza unha tableta de 11,6" con arranque dual Windows 10/Android 5.1
luns, 5 de setembro do 2016
Nos últimos meses cobraron certa popularidade en tendas en
liña chinesas as tabletas con arranque dual que permiten gozar nun único
dispositivo de Android e Windows, o que moitos consideran que é unha
posibilidade que fai moi rendible o investimento, conseguindo un equipo que
tanto vale para o lecer como para traballos básicos de produtividade, e
finalmente poderemos adquirir equipos semellantes de compañÃas españolas como
Woxter, que esta mesma semana pon á venda a súa tableta
ZEN 12, que permite gozar no mesmo trebello de Android 5.1 e de Windows 10.
Esta interesante tableta ten unha pantalla IPS de 11,6 polgadas cunha
resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, procesador Intel Atom Z3735F de catro
núcleos, 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas de até 64 GB), cámaras de 2 MpÃxeles, Bluetooth 4.0, USB, micro-USB
(OTG), HDMI 1.4a, carcase en cor negra, rosa ou azul, un grosor de 10,1 milÃmetros,
un peso de 725 gramos e, para completar o produto, inclúe unha base-teclado con
suxeición magnética, que converte a tableta practicamente nun ordenador
portátil, mantendo o seu prezo de venda nuns contidos 249 euros.