Worldcoin muda o seu nome a World
venres, 18 de outubro do 2024
Tools for Humanity Corporation, compañÃa na que está Sam Altman entre os seus fundadores, continúa a realizar avances para manterse activa, pese a que en Europa ten as cousas moi complicadas ao estar a investigarse as súas infraccións da lexislación de protección de datos por mor do xeito do polémico xeito de proceder con Worldcoin e o seu rexistro de usuarios (sen verificar se eran maiores de idade).
Para deixar claro que seguen adiante, Alex Blania e Sam Altman protagonizaron un evento en San Francisco, para anunciar que Worldcoin pasaba a chamarse World Network, aproveitando a ocasión para amosar unha nova xeración dos seus dispositivos de identificación biométrica (os Orbs), que agora contan co último chipset nVIDIA Jetson (que multiplican por 5 o rendemento de IA), simplifican o seus sistema de fabricación e pasan a utilizar como almacenamento tarxetas SD extraÃbles, de xeito que resulta máis doado auditar o seu funcionamento.
Tamén deron conta de World ID 3 (a última versión da súa tecnoloxÃa de credenciais), a posibilidade de almacenar as credenciais en pasaportes fÃsicos con NFC, e novos avances desta tecnoloxÃa a nivel de seguridade e de versatilidade para, por exemplo, poder probar a idade ou a nacionalidade dun usuario sen ter que revelar a súa identidade (pois para esta plataforma un dos detalles máis importantes é garantir o anonimato dos usuarios á vez que se mantén unha identificación que pode contribuÃr a combater a fraude en liña).
Tamén confirmaron que dende onte está operativa a rede principal de World Chain, unha blockchain deseñada para priorizar a actividade humana e as transaccións.
VÃdeo do evento en San Francisco