World of Tanks prepara a súa chegada a PlayStation 4

mércores, 16 de setembro do 2015 Marcus Fernández

O célebre xogo World of Tanks, dispoñible para PC dende 2010 e Xbox 360 dende 2013, con millóns de xogadores en todo o mundo, está a piques de estrear unha versión para Xbox One segundo anunciaron dende Wargaming.net a primeiros e ano, e agora anuncian que non van quedar aí, e adiantan que tamén abrirán o seu multi-xogador masivo á PlayStation 4, facendo que a consola de Sony poida gozar de batallas de tanques de até 30 xogadores.
Este xogo que conta con 350 tanques entre os que elixir, repartidos por 7 nacións e con 5 tipos de tanques a elixir segundo o estilo de xogo que busque o usuario; e para dar o salto á PlayStation 4 anuncian que nos vindeiros meses van desenvolver unha beta para poder probar a nova versión e recoller achegas da comunidade de usuarios de PlayStation.
Os usuarios que queiran gozar de World of Tanks na súa PlayStation 4 antes do leu lanzamento oficial poden inscribirse na súa páxina web para recibir información cando a súa beta estea dispoñible. Cómpre salientar que este xogo free-to-play funcionará na PlayStation 4 para calquera usuario que teña conta de usuario na PlayStation Network, non sendo preciso subscribirse a PlayStation Plus para gozar do seu xogo en liña.

Vídeo no que anuncian a chegada de World of Tanks a PS4

PUBLICIDADE