Windows 7 deixará de recibir actualizacións de seguridade en xaneiro
luns, 28 de outubro do 2019
Dende Microsoft continúan a insistir no feito de que Windows
7 é un sistema operativo obsoleto, e que cómpre actualizar a Windows 10 o antes
posible. Nas
últimas notificacións que están a recibir usuarios de Windows 7 destácase
que o
14 de xaneiro de 2020 remata o soporte técnico de Windows 7, ou sexa, que a
partires de tal data Windows 7 non terá actualizacións de seguridade, non
recibirá actualizacións de software e tampouco contará con soporte técnico por parte de Microsoft, de xeito que continuar
a empregar o vello sistema operativo supón un grande risco de seguridade e unha
grande exposición o malware.
Cómpre salientar que, aínda que Windows continuará a funcionar despois do 14 de
xaneiro, o Internet Explorer tamén descontinuarase a partires de tal data (outros
navegadores web xa abandonaron sistemas operativos vellos hai tempo), polo que
ter un ordenador con Windows 7 navegando pola Rede é claramente unha mala idea.
No caso das empresas que aínda non poidan acometer a actualización a Windows 10
estarán dispoñibles actualizacións de seguridade estendidas de Windows 7
Professional e Windows 7 Enterprise até xaneiro de 2023, que serán de pagamento
(e Office 365 ProPlus tamén manterá actualizacións de seguridade até xaneiro de
2023).