Windjammers terá secuela para PC e Switch
luns, 20 de agosto do 2018
O recente anuncio de que o clásico Windjammers vaia estrear versión para
Nintendo Switch no outono resulta ser unha xogada para revitalizar a marca,
xa que Dotemu está a preparar o xogo Windjammers 2 para Nintendo Switch
e PC, secuela que verá a luz en 2019 e que recuperará o espÃrito do xogo
orixinal, gozando agora de gráficos en dúas dimensións debuxados a man.
Windjammers 2 contará con novas
pistas e novos xogadores, asà como novos ataques especiais e unha xogabilidade
mellorada, permitindo botar partidas contra outros xogadores tanto en local
como a través da Internet, de xeito que irÃa moito máis do que serÃa unha remasterización e serÃa unha auténtica
secuela que ten como reto conseguir que se converta nun éxito do xogo competitivo
en liña como foi o xogo orixinal no seu dÃa nos salóns recreativos.
- Windjammers 2 contará con novos ataques especiais e gráficos debuxados a man
Tráiler de presentación de Windjammers 2