WinTV-NOVA-T, unha sintonizadora de TDT axeitada para os Mac
xoves, 26 de xuño do 2008
Para ver a televisión no
ordenador os usuarios de ordenadores de Apple poden optar por adquirir distintas
solucións hardware grazas ao software EyeTV 3.0, que finalmente se
abriu a moito máis dispositivos que os fabricados por ElGato, e dende
Applesfera advirten que as sintonizadoras USB
WinTV-NOVA-T de Hauppauge son unha solución moi económica para
achegar a TDT ao Mac, pois aÃnda que o seu prezo de venda ao público habitual é
de 59,90 euros, actualmente se poden atopar a uns 32 euros, xa que o fabricante
está a renovar a gama de sintonizadoras e os vellos modelos están en
liquidación.