Western Digital leva os seus disco duros empresariais até os 14 TB
mércores, 4 de outubro do 2017
Pese a
que os discos duros de consumo teñen unhas capacidades máis que dabondo para
cubrir as necesidades de practicamente calquera usuario, cando imos a
aplicacións empresariais atopamos sempre unha crecente necesidade de maior
densidade de almacenamento para maximizar o rendemento dos centros de proceso
de datos (reducindo sempre que se poida o espazo e o consumo enerxético) de aÃ
que os discos duros continúan a aumentar en capacidade, e Western Digital vén
de superar a súa marca neste ámbito, e presenta as súas unidades HGST Ultrastar
Hs14, deseñadas para cargas de traballo secuencial, e que chegan
até os 14 TB de capacidade.
Este novos discos duros de Western Digital destacan por ter un consumo en
repouso un 60% inferior que unidades de 8 TB de aire, de xeito que a tecnoloxÃa
de helio demostra ser superior á máis habitual empregada nos discos duros de
3,5 polgadas, o que supón unha importante vantaxe para centros de proceso de
datos nos que se instalan centos de unidades, de xeito que cada incremento de
capacidade e redución de consumo ten un importante impacto total.