Western Digital lanza un disco duro deseñado para Raspberry Pi

martes, 15 de marzo do 2016 Marcus Fernández

O vindeiro día 30 Western Digital comezará a enviar aos compradores as primeiras unidades do seu novo PiDrive, que vén a ser un disco duro cunha capacidade de 314 GB que está deseñado expresamente para traballar con Raspberry Pi, buscando así a súa integración en proxectos que empreguen este popular hardware aberto. A nova unidade ten un prezo normal de 45,81 dólares, pero actualmente aceptan pedidos a 31,42 dólares (28,37 euros), aínda que España non está entre os países dende os que aceptan pedidos inicialmente.
Estamos ante unha adaptación dos discos duros de Western Digital de 500 GB, no que se realizaron pequenos cambios de deseño para reducir o consumo e continuar a aproveitar ao máximo a velocidade de transferencia do USB de Raspberry Pi.

PUBLICIDADE