Western Digital estrea unidades SSD externas con USB-C
xoves, 6 de abril do 2017
Para os usuarios que buscan unidades de disco externas
rápidas, fiables e seguras Western Digital lanza as súas primeiras unidades SSD
externas, as My
Passport SSD, que son os discos My Passport máis rápidos até hoxe (con
velocidades de até 515 MB/segundo a través dun porto USB-C, aÃnda que tamén
inclúe un adaptador para USB-A e soportan até USB 3.1 de segunda xeración),
compatibles con Windows e Mac (sendo especialmente atractivo para os últimos
portátiles de Apple, que integran USB-C), e que integran cifrado por hardware
AES de 256 bits para os usuarios que queiran protexer os seus contidos con contrasinal
para quen non sexan accesibles en caso de perda ou roubo.
Ao non seren discos duros, senón unidades SSD, son moito máis resistentes ao
transporte, estando estas unidades probadas para resistir caÃdas de até 1,98
metros; tamén inclúen software para facilitar a realización de copias de
seguridade automáticas; o seu tamaño é moi compacto (90 x 45 x 10 milÃmetros) e
estarán dispoñibles en capacidades de 256 GB, 512 GB e 1 TB a 129,99, 209,99 e
399,99 euros respectivamente, o que
actualmente é un prezo bastante axustado (na liña de competidores como SanDisk
ou Samsung, pero presentando un rendemento lixeiramente superior).
- As unidades My Passport SSD conéctanse mediante USB-C e conseguen velocidades de transferencia de até 515 MB por segundo