Webcam robotizada coa forma de R2-D2
luns, 3 de setembro do 2007
Os dispositivos electrónicos baseados en franquicias cinematográficas en
poucos casos son tan abundantes coma no de Star Wars, chegando agora a tenda de
Hammacher
unha cámara web coa forma do robot R2-D2 que non só permite tomar fotografÃas e
gravar voz, senón que tamén se poden controlar sen fÃos os seus movelmentos mediante un mando con
forma de espada láser.
O pequeno robot poderase mover por toda a casa, e mesmo incorpora un sensor
para evitar accidentes (detecta os lindes dunha mesa ou doutra superficie para
procurar non caer). Para ser máis apetecible para os seguidores das pelÃculas
de George Lucas, o R2-D2 reproduce 11 frase pregravadas e contén os
tradicionais sons das pelÃculas. Funciona con 6 pilas AA e se poderá mercar a
partires do dÃa 21 por 349,95 dólares (256,48 euros).