Webcam para xogar no PC

xoves, 24 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Xogar interactuando cunha webcam xa non é exclusivo dos usuarios de PlayStation 2 que conten cunha cámara EyeToy, senón que agora tamén se achega ó PC grazas á cámara web ANEO GX-10 que venden dende a hongkonesa tenda Brando e que inclúe 3 videoxogos (Kung Fu, Super Knight e Funny Stair).
Os xogos empregan a imaxe captada pola cámara para situarnos en plena acción en tempo real, xa que a cámara permite unha resolución de ata 1.280 x 1.024 píxeles a 30 fotogramas por segundo.
A webcam mide 60 x 60 x 124 milímetros, pesa 210 gramos e conta con compresión de imaxe integrada, balance de brancos automático, compensación de cor automática e foco manual. Vendese a 33 dólares (22,58 euros).
Podemos ver a dínamica dun dos xogos incluídos no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE