Webcam con forma de cámara cinematográfica

xoves, 26 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios cinéfilos que queiran contar cunha webcam con estilo poden facerse cunha USB Movie Camera, que se vende por 34,95 dólares (26,52 euros) e non é máis que unha cámara web por USB que ten forma de cámara de cine. Mide 7,6 x 5 x 2,5 centímetros, inclúe un mini-trípode de 14 centímetros de alto e inclúe un cable de metro e medio.
A cámara web é compatible tanto con PC coma con Mac.

PUBLICIDADE