We Happy Few convÃdanos a fuxir da falsa felicidade
venres, 10 de agosto do 2018
O pequeno estudio de videoxogos Compulsion Games, que no seu
dÃa sorprendeu con Contrast, estrea hoxe We Happy Few, unha
perturbadora aventura ambientada en Inglaterra en 1960 nunha especie de
universo alternativo no que a poboación de Wellington Wells vive alegre grazas
á negación que permite unha droga (Joy) e da que tres rebeldes cidadáns con narrativas
entretecidas queren fuxir, para o que teñen que pasar desapercibidos.
O xogo non só ten un argumento curioso, senón que a súa estética tamén é moi
peculiar, e con grande personalidade, e para que a experiencia sexa sempre
diferente o mundo ao que nos enfrontemos será xerado de xeito automatizado. Tamén
é posible elixir entre distintos niveis de dificultade e outras opcións de
personalización, para que cadaquén se enfronte á experiencia que lle resulte
máis atractiva.
AÃnda que poderÃa parecer que estamos ante un xogo modesto, realmente temos
unha produción moi completa, que incluso ten pase de tempada que incluirá tres
contidos descargables que irán saÃndo nos vindeiros meses.
Amais, como un xeito de introducir aos usuarios neste mundo, teñen dispoñible
para PlayStation VR o xogo We
Happy Few: TÃo Jack en directo VR, que podemos descargar de balde na
PS4 para asà axudar ao tÃo Jack a producir un espectáculo televisivo contando
só as novas máis felices e asegurar asà que os habitantes de Wellington Wells
non esquecen a súa dose de alegrÃa. Aparte
de ter que tratar co tÃo Jack tamén haberá que sobrevivir ao ataque dunha rebelión
que chega até o estudio e explorar máis de 40 episodios do tÃo Jack, o que é un
xeito moi orixinal de introducirse no mundo de We Happy Few que agradecerán os que teñan un casco de VR na PS4.
Pero, aparte de para
PlayStation 4, We Happy Few tamén
pode mercarse xa para Xbox
One e para
PC (Steam). As versións de consola poden atoparse en formato fÃsico,
mentres en PC o xogo só está dispoñible como descarga.
Tráiler de lanzamento de We Happy Few