Warhammer Online rexistra medio millón de usuarios nunha semana

venres, 26 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Electronic Arts anunciou que o seu xogo masivo en liña Warhammer Online: Age of Reckoning (WAR) conseguiu chegar aos 500.000 usuarios en só unha semana, converténdose no xogo de este tipo que máis rápido se vendeu na historia.
Mark Jacobs, co-fundador de Mythic Entertainment (estudo a cargo do xogo) declarou que «nos traballamos durante anos para dar aos xogadores o mundo en liña máis estable, épico e pulido que puidemos, pero son os xogadores os que realmente levan a Age of Reckoning á vida».
WAR está inspirado nunha serie de xogos de mesa que comezaron a comercializarse en 1983, e que co xogo en liña atopan un xeito de compartir globalmente esta experiencia de xogo. Este novo título leva pouco máis dunha semana á venda en España por 49,95 euros, aínda que hai que lembrar que este tipo de título se xogan mediante subscrición (custando a tarxeta prepago por 2 meses 29,95 euros, aínda que o primeiro mes está incluído no prezo do xogo).

PUBLICIDADE