Wacom comercializa un pequeno lapis para dispositivos con pantallas capacitivas

mércores, 3 de abril do 2013 Marcus Fernández

Cada vez estamos máis afeitos a empregar pantallas táctiles, pero non sempre podemos traballar con precisión cos nosos propios dedos, de aí que xurdiran no mercado distintas solucións que pretendían trasladar a funcionalidade das stylus de pantallas resistivas ás pantallas capacitivas, e nesta liña chega agora unha solución moi intelixente de Wacom, o lapis Bamboo Stylus mini, dispoñible en 6 cores, con alta capacidade de tacto e sensibilidade e só 4,7 centímetros de tamaño, que permite o seu uso en practicamente calquera tablet ou smartphone actual, cunha orixinal solución para evitar a súa perda: pode engancharse ao noso dispositivo a través dunha cinta que leva a un falso conector de auriculares.
Esta solución resulta especialmente atractiva para usuarios de iPad, que incluso poden aproveitar a Bamboo Stylus mini para tomar anotacións e realizar esbozos grazas á aplicación Bamboo Paper (tamén dispoñible para Android) e o seu prezo de venda é de 14,90 euros.

O novo lapis de Wacom está dispoñible en varias cores
O Bamboo Stylus mini inclúe un orixinal sistema para enganchalo a smartphones ou tablets

PUBLICIDADE