WET amosa o seu poderío gráfico

luns, 5 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

En 2007 puidemos ver un vídeo de adianto do que será o videoxogo WET, e aínda que a fusión entre Activision, Vivendi e Blizzard podería facer perigar este proxecto, parece estar activo, e para este ano está previsto o seu lanzamento para Xbox 360 e PlayStation 3.
Para ir quecendo motores a xente de Artificial Mind and Movement (AM2) publicaron varias capturas de imaxe nas que se poden observar os efectos de iluminación que utiliza o motor gráfico do xogo desenvolvidos por Illuminate Labs, acadando un estilo visual que o separa de todo o que actualmente hai no mercado.
De todos os xeitos haberá que agardar a ver imaxes do xogo real para poder medir a potencia deste xogo protagonizado por unha mercenaria chamada Rubi, que se enfrontará a numerosos inimigos empregando katanas e distintos tipos de armas de fogo, o que parece encaixar bastante ben cos títulos que están a chegar ás tendas nos últimos meses.

WET amosa moi graficamente o seu nivel de violencia

PUBLICIDADE