Vodafone permite as chamadas Wi-Fi en España
martes, 4 de outubro do 2022
AÃnda
que a cobertura da telefonÃa móbil é bastante boa por onde nos movemos
habitualmente, hai vivendas e centros de traballo que teñen espazos que son
auténticos puntos negros de cobertura, e para solucionar este problema unha das
solucións máis prácticas é aproveitar a rede Wi-Fi para facer chamadas de voz facendo
uso da tecnoloxÃa VoWiFi.
Con esta tecnoloxÃa, se temos un smartphone compatible podemos realizar e
recibir chamadas ser cobertura móbil, e coa calidade de chamadas de voz
ordinarias, xa que a comunicación complétase a través da rede telefónica da operadora
e non funciona como unha chamada de voz sobre IP como as que podemos realizar
con aplicacións móbiles.
Até o momento en España ofrecÃan chamadas Wi-Fi operadores como Orange e
Movistar, aos que agora
únese Vodafone, de xeito que por fin é posible activar esta función
dispoñible en moitos smartphones, que permite realizar chamadas de voz
ordinarias (coas condicións da nosa tarifa actual) valéndonos da conexión á
Rede a través de Wi-Fi.