Vodafone lanza unha tarifa plana de datos a 6 euros/mes

martes, 23 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Para potenciar a plataforma Vodafone Live! a operadora de telefonía móbil decidiu lanzar unha nova tarifa plana de 6 euros/mes que inclúe nese prezo 100 conexións mensuais de 5 Mb cada unha.
Amais, Vodafone Live! tamén renova a súa interface de usuario incluíndo na súa barra de enderezos o sufixo http://www. e o buscador Google. O novo navegador divídese en catro seccións (inicio, lecer, www e comunidade) ás que se poderá acceder dende unha barra situada na parte superior da pantalla do móbil.
A idea de Vodafone é que os seus 8,5 millóns de clientes en España poidan acceder á Internet a través do seu teléfono móbil, e precisamente por iso tamén estrea unha nova gama de terminais baixo o nome de Internet Edition (coma o Nokia N73), que integran un navegador avanzado de Internet.

PUBLICIDADE