Vodafone lanza a primeira tableta 5G do mercado español, a Samsung Galaxy Tab S7+ 5G
mércores, 9 de setembro do 2020
Vodafone
España fixo saber este mércores que será o primeiro operador do
panorama estatal en comercializar o novo Samsung Galaxy Tab S7+ 5G,
o pioneiro dispositivo que inaugura o mercado das tabletas con
tecnoloxía 5G no ámbito español. Segundo explica a operadora, este
terminal vén a complementar un amplo catálogo de dispositivos con
este estándar novo de comunicación: máis de 20 modelos distintos
ofrecendo un amplo abano de prezos. O Samsung Galaxy Tab S7+ 5G
estará dispoñíbel para a súa compra esta semana.
A
súa capacidade 5G poderá poñerse a punto en 21 cidades do
territorio estatal (incluídas as localidades galegas de Vigo, A
Coruña e Tui), que son as urbes onde a compañía ofrece a devandita
tecnoloxía. Isto tradúcese en velocidades de descarga de 1 Gbps e
latencias inferiores a 10 milisegundos, o que é, en palabras de
Vodafone, “especialmente útil en aplicacións de videoxogos,
Realidade Virtual e Aumentada ou de control remoto en tempo real”.
Respecto
ás características externas do aparello, presenta un deseño en
metal unibody e con 5.7 mm de grosor, amais de contar cunha
pantalla de 12,4 polgadas (sAMOLED) con 120Hz de refresco, o que se
complementa con catro altofalantes AKG e tecnoloxía Dolby Atmos.
Isto, en palabras da compañía, “convérteo nun dispositivo idóneo
para ver películas e series en calquera das plataformas que Vodafone
TV ofrece nas súas packs: HBO España, Netflix ou Filmin”.
Ademais,
dispón dunha batería de 10.090 mAh, 6 GB de memoria RAM e 128 GB de
ROM e unha dobre cámara frontal de 13+5 Mp con 8 Mp na cámara
frontal. Por último, tamén destaca o seu S-Pen, accesorio que
permite un gran abanico de posibilidades como, por exemplo, a Firma
Biométrica.
Samsung
Galaxy Tab S7+ 5G poderase adquirir desde 27,5 euros ao mes durante
36 meses ao asocialo con calquera tarifa móbil ou converxente para
clientes particulares. Os clientes profesionais e pequenas empresas
tamén poden acceder a este dispositivo.