Vodafone estreará móbil con Android baixo a súa marca

mércores, 28 de abril do 2010 Marcus Fernández

A xente de Vodafone non quere ser menos que a de Orange, e a operadora británica vén de presentar oficialmente o seu móbil Vodafone 845, que será o seu primeiro móbil con Android 2.1 baixo marca propia, que inicialmente venderase no Reino Unido a partir do mes que vén (cando posiblemente tamén chegará a España), e será un terminal de baixa gama que contará cunha interface personalizada por Vodafone que inclúe acceso á tenda de música en liña da compañía, pantalla de 2,8 polgadas, Wi-Fi, cámara de 3 Mpíxeles, o servizo Vodafone 360 pre-cargado e acceso ao Android Market.


O Vodafone 845 en vídeo

PUBLICIDADE